Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión pide un plan de seguridade viaria

O BNG de Corcubión pide un plan de seguridade viaria

Ademais de presentar unha moción para instar á Xunta á redución e paulatina eliminación das peaxes da autovía AG 55 Carballo -Coruña e para opoñerse á intención do goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal, o BNG de Corcubión tamén fai unha proposta en clave municipal.

Presenta unha moción para executar ”un plan de seguridade viaria e de sinalización de tráfico”, que consideran “urxente” para “convivencia pacífica de todos os medios de transporte e o reparto equitativo do espazo público”.

A idea é apoiar “a mobilidade non motorizada e os servizos públicos e aplicar medidas que maximicen a seguridade das persoas cando se despracen pola rúa”. Comentan que neste proceso débese contar coa participación cidadá para avanzar nun consenso social amplo que permita facer da mobilidade sostible e segura o eixe vertebrador da política local e do plan de actuación a realizar.

O portavoz do BNG, Lois Lado manifestou que “a inminente chegada do verán e a falta de policía local agrava a situación porque non existe autoridade no pobo”. O concelleiro nacionalista declarou que “hai que darlle preferencia aos peóns en todo o casco histórico, os coches no poden aparcar onde lles pete e hai que sinalizar o pobo para dar maior seguridade, tanto viaria como xurídica. Debemos apostar pola mobilidade sostible en todo o concello”.

Comentarios