Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Boca de Sapo prepara novos encontros sobre a xestión do monte e do mar

Representantes de Boca de Sapo nas xornadas de xestion do monte do ano pasado-Foto-Senen Insua
Representantes de Boca de Sapo nas xornadas de xestion do monte do ano pasado-Foto-Senen Insua
Boca de Sapo prepara novos encontros sobre a xestión do monte e do mar

Continúa sen parada a activa Asociación Boca de Sapo. Tras un un ano de acción social, cultural e medioambiental, a entidade xa ten varias iniciativas en marcha.

Na liña das xornadas do bosque ano pasado, está convocando a direferentes sectores para o vindeiro “Encontro sobre explotación sostible do monte e como recurso turístico e loita natural contra os incendios”. Unha cita aberta a veciños propietarios, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas... que se desenvolverá o vindeiro 23 de febreiro na Capela do Pilar de Corcubión.

Unhas xornadas na que falarán especialistas e na que se lle dará voces aos diferentes entes representados.

Outras accións

Ademais das accións deseucaliptizadoras (en breve teremos varias novidades de espallamento) e á espera de confirmar data para xornada de prantación de autóctonas co alumnado do CEIP Praia de Quenxe na recuperada finca municipal, os membros da entidade xa traballan noutras propostas máis culturais.

De feito, a entidade quere recuperar as tradicionais festas do San Xoán e do San Pedro, esta aínda celebrada pero en clave de verbena e cantar popolar. A entidade quere botar man doutras asociacións, como as pandereteiras da vila para recuperar as Parrandas.

Ademais, andan pensando como situar a Corcubión como un espazo importante e significativo/referente da poesía comarcal. O formato dun posible festival aínda está por decidir.

Continuarán ademais con charlas nos centros de ensino, a onde queren levar tamén o filme Albatross.

Completas xornadas de marzo do mar ao monte

Pero en clave de xornadas, xa teñen formuladas outras para o 23 de marzo. As “Xornadas para o desenvolvemento sostible do monte e do mar” tocarán moitos temas durante todo o día.

Mañá de monte

Serán varios os puntos de vista que se afronten pola mañá. Comezará cunha serie de visitas das especies domésticas con Denominación de Orixe galega, como a Galiña de Mos, ou varias razas bovinas (Caldelá/Vianesa/Cachena/Limiá) de cabalos e cabras.

Tamén contarán os responsables de IXP Castañas de Galicia como unha unha alternativa para o aproveitamento sostible do monte. Ademais a Comunidade Montes de Carballo, concello de Friol, en Lugo, contrará a súa experiencia interesante sobre a dinamizacióne en base á volta a unha unha economía tradicional do campo.

Tarde de mar

A pesca artesanal de baixura coma motor dinamizador económico sostible será o tema da tarde. Luís Rodríguez, da Asoar Armega contará as experiencias vividas ao longo destes anos en clave de sostibilidade no mar por parte da pesca artesanal, que o levaron mesmo ao Parlamento Europeo.
En principio a s xornadas contarán tamén con cooperativistas do sur de Galicia que contarán outro xeito de comercializar peixe dun xeito máis sostible.

Novas relacionadas

Comentarios