O Concello de Corcubión tamén carga pola falta de información da Xunta sobre os microplásticos

Microlasticos en Quenxe
Microplásticos en Quenxe

Menos que noutras zonas por estar moi inserido dentro da ría, pero o litoral corcubionés tamén recibe a visita dos ínclitos micrplásticos ou granulados. Varios sacos foron recollidos xa nas boleiras, e o areal de Quenxe aparece moito días regado de granulados.

Xusto hoxe a Xunta enviaba unha peuqena birigada de 5 operarios á praia de Quenxe. Pero a pesar diso, o Goberno municipal de Corcubión quere dar a coñecer que a Xunta de Galiza non contactou con eles para proceder á limpeza de pellets no areal de Quenxe, dado que o Concello non dispón de medios humanos, económicos e materiais para realizar dito cometido. O executivo corcubionés comunicou por escrito o xoves 11 de xaneiro ás consellerías de Mar e Medio Ambiente a situación do municipio nesta crise medioambiental, e solicita a axuda necesaria para limpar os pellets que xa se teñen localizado na praia de Quenxe.
O equipo de goberno de Corcubión destaca que ata o 4 de xaneiro  a Xunta de Galiza non se comunicou con eles, facéndoo a través dunha carta cun protocolo a seguir e descargando a responsabilidade da actuación nos concellos afectados. Posteriormente, as autoridades autonómicas anunciaban a posta en marcha do Plan Camgal e que se porían medios para a limpeza de pellets nas localidades afectadas, elevando ademais a alerta medioambiental ata o nivel 2. 

O alcalde de Corcubión, Francisco Xabier Domínguez Traba, sinalou que dende esa data do 4 de xaneiro “non se procedeu por parte da Xunta a elaborar ningún tipo de informes e análises da situación no noso municipio, polo que decidimos remitir escritos á Xunta para informar sobre o areal de Quenxe e pedindo medios para a súa limpeza”.

 “A Xunta e o Goberno central que se poñán mans á obra e se deixen de liortas, xa que precisamos dunha actuación rápida e concisa”, reclamou o rexedor corcubionés, que tamén amosou a súa preocupación “porque non fomos informados da cantidade de pellets que quedan no mar e que poden chegar ás nosas costas, o cal nos xenera incertidume”. 

Domínguez Traba subliñou as limitacións que ten o concello para atallar esta crise con recursos propios, e remarcou que o 6 de xaneiro o Servizo de Protección Civil da localidade procedeu a retirar 5 sacos de pellets que apareceron en Cabo C e as costas de Redonda, tras unha chamada de urxencia do 112.

 

ARTIGOS SOBRE O GRANULADO

MÁIS NOVAS SOBRE O GRANULADO