O Concello de Corcubión tamén carga pola falta de información da Xunta sobre os microplásticos

Menos que noutras zonas por estar moi inserido dentro da ría, pero o litoral corcubionés tamén recibe a visita dos ínclitos micrplásticos ou granulados. Varios sacos foron recollidos xa nas boleiras, e o areal de Quenxe aparece moito días regado de granulados.
Xusto hoxe a Xunta enviaba unha peuqena birigada de 5 operarios á praia de Quenxe. Pero a pesar diso, o Goberno municipal de Corcubión quere dar a coñecer que a Xunta de Galiza non contactou con eles para proceder á limpeza de pellets no areal de Quenxe, dado que o Concello non dispón de medios humanos, económicos e materiais para realizar dito cometido. O executivo corcubionés comunicou por escrito o xoves 11 de xaneiro ás consellerías de Mar e Medio Ambiente a situación do municipio nesta crise medioambiental, e solicita a axuda necesaria para limpar os pellets que xa se teñen localizado na praia de Quenxe.
O equipo de goberno de Corcubión destaca que ata o 4 de xaneiro a Xunta de Galiza non se comunicou con eles, facéndoo a través dunha carta cun protocolo a seguir e descargando a responsabilidade da actuación nos concellos afectados. Posteriormente, as autoridades autonómicas anunciaban a posta en marcha do Plan Camgal e que se porían medios para a limpeza de pellets nas localidades afectadas, elevando ademais a alerta medioambiental ata o nivel 2.
O alcalde de Corcubión, Francisco Xabier Domínguez Traba, sinalou que dende esa data do 4 de xaneiro “non se procedeu por parte da Xunta a elaborar ningún tipo de informes e análises da situación no noso municipio, polo que decidimos remitir escritos á Xunta para informar sobre o areal de Quenxe e pedindo medios para a súa limpeza”.
“A Xunta e o Goberno central que se poñán mans á obra e se deixen de liortas, xa que precisamos dunha actuación rápida e concisa”, reclamou o rexedor corcubionés, que tamén amosou a súa preocupación “porque non fomos informados da cantidade de pellets que quedan no mar e que poden chegar ás nosas costas, o cal nos xenera incertidume”.
Domínguez Traba subliñou as limitacións que ten o concello para atallar esta crise con recursos propios, e remarcou que o 6 de xaneiro o Servizo de Protección Civil da localidade procedeu a retirar 5 sacos de pellets que apareceron en Cabo C e as costas de Redonda, tras unha chamada de urxencia do 112.
ARTIGOS SOBRE O GRANULADO
- Xosé Manuel Barros: A contaminación do mar polos pellets de resina e a contaminación mental
- Nando Lestón: Limpade vós... limpádevos.
MÁIS NOVAS SOBRE O GRANULADO
-
-
Colectivos do mar e medioambientais únense nunha manifestación este sábado en Santiago
-
Personalidades nas redes sobre o cambio de conciencia medioambiental: “O mar está feito unha merda”
-