Corcubión constrúe natureza arredor da "Zona Deseucaliptizada" da Finca Cambeiro

Un membro de Boca de Sapo colgando casas-niños e os sinais de Zona Deseucaliptizada no Monte Cambeiro de Corcubión

O da Finca Cambeiro e un perfecto exemplo de como crear un bosque autóctono. Primeiro foron creando conciencia sobre a invasión do eucalipto; despois conseguiron que o pleno se declarase como "Concello libre de eucaliptos”, e que lles cedese unhas fincas para erradicar as invasoras e prantar, en aulas de natureza para estudantes, especies autóctonas. Tamén encontros multidisciplinares para adultos, e seguen no seu empeño de “seguir construíndo natureza”.

Así funciona a Comunidade eco-social Boca de Sapo. Esta pasada fin de semana subiron de novo ao Monte Cambeiro, para colocar os sinais, cedidos por Verdegaia, de "Zona Deseucaliptizada”.

Ademais, colgaron "Casas-Niño" para atraer aos paxaros, intentando devolverlle toda a vida ao monte corcubionés. “Estamos a construírnos a transformarnos a aprender respectar a natureza, a valorar noso entorno, a aprender que o camiño faise camiñando, con alegría, con camaradería e con moita, moita esperanza nos homes e mulleres que formamos Boca de Sapo”, explican.

Máis novas de Boca de Sapo

VÍDEOS NATURAIS DE FRANCISCO SANTIAGO LÓPEZ