Luns. 26.08.2019
El tiempo

Finca Cambeiro: Como Corcubión crea o seu bosque autóctono

Finca Cambeiro: Como Corcubión crea o seu bosque autóctono

O que están facendo o pobo de Corcubión coa Finca Cambeiro é todo un exemplo a exportar en todo o país. O proxecto integral de rexeneranción dunha finca municipal, despois de que o Concello se declarase “Libre de eucaliptos”, pode servir para que ducias de concellos e entidades desenvolvan iniciativas semellantes para recuperar e poñer en valor os nosos bosques.

A activa Comunidade Eco-Social Boca de Sapo ten realizado un completo proceso de eliminación de eucaliptos e cesión da madeira para quentar as casas, e esas fantásticas Aulas de natureza nas que o alumnado de varios centros de ensino foi prantando especies autóctonas.

Hoxe un dos membros da comunidade, Francisco Santiago López, déixanos este fermoso vídeo "Creamos un bosque”.

Máis novas de Boca de Sapo

VÍDEOS NATURAIS DE FRANCISCO SANTIAGO LÓPEZ

Comentarios