Venres. 19.04.2024
El tiempo

Boca de Sapo pon en marcha as súas Aula de natureza nas fincas autóctonas

Sesion de prantacion con carballos con Boca de Sapo
Rapaces do IES Fernando Blanco prantando carballos na finca municipal de Corcubión con Boca de Sapo
Boca de Sapo pon en marcha as súas Aula de natureza nas fincas autóctonas

Xa están en marcha as Aulas de Natureza da Asociación Boca de Sapo. A entidade corcubionesa ten lista unha visita para que os peques de Primaria do CEIP Praia de Quenxe coñezan e primeira man o seu monte, e procedan á prantación de varios carballos. Todo nunha das fincas municipais que a entidade liberou de eucaliptos, para seguir loitando contra o monocultivo.

Xa foron varias as aulas prácticas de natureza armadas na finca “deseucaliptizada”. A semana pasada xa estiveron os de 3º Primaria do cole corcubionés, que atiborraron a preguntas aos Francisco Santiago López, Serxio Iglesias, Belén Lorenzo e Martina Trillo. Pasárono de medo correndo monte arriba e abaixo.

Ademais, o domingo pasado tocou saída cos rapaces do IES Fernando Blanco. A pesar do mal tempo, viviron unha interesantísima sesión de formación directa de como rexenerar unha finca e a golpe de sacho, prantaron varias árbores autóctonas.

Cómpre salientar que os esquexes de carballos foron doados pola brava Sonia Lago, que ademais de facer o mellor Xabón natural da bisbarra, o Natulóxico, vai salvando pequenos carballos para replantalos en zonas escollidas.

Ademais, os gastos destes eventos son sufragados pola doazón da Senda Solidaria artellada o día do campionato de caza de raposo de Carnota.

Sesion de prantacion con carballos dos rapaces do IES Fernando Blanco con Boca de Sapo

Este sábado, charla

Este sábado 23 ás 18:00h, a Capela do Pilar corcubionesa acollerá “Encontro sobre explotación sostible do monte e como recurso turístico e loita natural contra os incendios”. Unha cita aberta a todos os veciños nos que César Pérez e Francisco Santiago López falarán da xestión do monte.

Supercharlas de marzo

A cita sabatina servirá ademais para presentar as supercharlas do 23 de marzo, que posiblemente terá que desprazarse ata a Casa da Cultura, dada a potencia das mesmas.

Pola mañá falarase en clave de montes, e estarán, entre outras, Rosa Arcos, presidenta da Federación de Mulleres do Rural. Ademais falarase de castañas, porco celta, razas bovinas, galiña de Mos…

Pola tarde, toca tarde de mar sobre pesca artesanal, con Asoar Armega e APEMAR, que falará sobre o cooperativismo no mar.

Daremos conta destas xornadas.

Novas relacionadas

Comentarios