Domingo. 16.06.2019
El tiempo

Francisco Santiago López: "A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental"

Francisco Santiago López: "A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental"
Francisco Santiago Lopez de Corcubion 12 O cazador de imaxes da fauna galega Francisco Santiago López é o presidente da Asociación Boca de Sapo O pleno deste venres 17 de novembro en Corcubión terá un punto tan simbólico como importante. Facendo valer o Regulamento de Participación Cidadá aprobado en 2015 polo Concello, a recén creada Asociación Boca de Sapo vai presentar unha moción solicitando que se declare un Corcubión Libre de Eucaliptos. Será o presidente da entidade, un dos cazadores de imaxes naturais máis prolíficos a través do seu canle Signatus Films, Francisco Santiago López, o encargado de dar lectura á moción. Con el falamos para coñecer máis a nova entidade corcubionesa e a idea desta declaración.  
  • QPC: É tan grave a situación forestal en Galicia?
A inundación de eucaliptos é un verdadeiro un desastre medioambiental. Non hai planificación nin ordenación forestal en Galicia. ENCE é o maior monopolio forestal de Galicia e todo o eucalipto, tanto o costeiro como o que está xurdindo xa nas zonas de alta montaña, acaba repercutindo na celulosa. Eu creo que á Xunta se lle foi das mans a cousa. En 1992 a Xunta planificou que en 2030 houbese 250.000 hectáreas de eucalipto en Galicia, e hoxendía hai xa 600.000 hectáreas. A situación chega a ser tan grave que cando Portugal prohibiu novas plantacións de eucaliptos despois das últimas vagas de lumes, a maior madereira de Portugal está ameazando en virse para Galicia…  
  • QPC: Un amante da natureza coma ti (non deixamos de flipar cos teus vídeos natuais), notas a diferencia en canto á presencia de lobos, raposos, roedores, coellos… nas zonas con máis colitros que nas que hai menos presencia desta especie?
Nas zonas de bosque mixto ou nos bosques de frondosas hai máis biodiversidade que nun eucaliptal, non cabe dúbida. Pero tamén é certo que o que pasa que os animais se adaptan. Todo hai que dicilo, e eu teño referencias científicas que os xabaríns e os lobos encaman en eucaliptais, polo feito de que no solo destes bosques de eucaliptos hai moito sotobosque. Ollo, e hai que lembrar que o sotobosque é moi importante para a vida dun bosque, que agora estase falando sempre de limpar os montes e que non vaian eliminar parte da masa forestal necesaria.  
  • QPC: Vindo xa ata Corcubión, como nace Boca de Sapo?
Xa levábamos tempo Serxio, Álex, Jose Romero, Juan Becerra… reflexionando sobre o desastre que é o tema dos eucaliptos, e tiñamos gañas de facer algo. Eu levo ademais un tempo falando con xentes lucenses que están levando un proxecto que se chama “Custodia do Territorio”, que son biólogos, veterinarios… e que andan asesorando a gandeiros, propietarios de terras… para levar a cabo prácticas forestais de carácter sostible… E están facendo cousas moi boas, como reintroducir o oso no Courel, e mesmo están movendo pasta, con apoio de proxectos europeos. Con iso na cabeza, e vendo que se poden facer cousas, falando uns cos outros e pensamos na posibilidade de presentar unha moción pedindo declarar “Corcubión Libre de Eucaliptos”. A partir de aí nace a opción de facer a Asociación, e foise unindo xente e penso que temos un equipo moi completo, con xentes diferentes e mesmo a colaboración de Belén Lorenzo profesora de bioloxía e Fernando Pereiras, ornitólogo, vai collendo máis forma.
  • QPC: A Asociación será meramente medioambiental ou pensades afrontar outros asuntos?
Boca de Sapo non tratará medio ambiente. Queremos tratar culturais, urbanísticos e sociais. Pensamos, por exemplo, e armar actividades relacionadas coa poesía; ou en temas urbanísticos pensamos darlle unha volta á vila, intentando dar propostas para solventar moitos puntos negros que ten.  
  • QPC: Agora, pensando na moción que ides presentar este venres. Xa vos reunistes cos diferentes grupos municipais? Están abertos á proposta?
Falamos con todos os grupos políticos e todos estiveron dacordo, á primeira. O alcalde socialista, Lalo Insua, dixo que tampouco lle gusta nada o tema dos eucaliptos, e comprométese a erradicalos nos terreos de propiedade municipal (unhas 4 ou 5 hectáreas), reforestando con frondosas. Díxonos que hai posibilidade de facer un concurso no que varias empresas maderistas presentarán as súas propostas e que escollerán a máis proveitosa para o Concello. A idea podería ser plantar frondosas facendo ademais sesións de concienciación mediambiental cos escolares como están facendo noutras zonas como en Laxe ou en Fisterra. Despois fumos falar con PACOR, que tamén se postulou a favor, sinalando que o Concello ten que dar exemplo, e que lle parece unha boa idea. Por parte do PP, o concelleiro José Manuel Romero, un home metido tamén no mundo forestal, preguntounos directamente “onde hai que firmar”, amosando o seu total compromiso. E o BNG tamén se postulou a favor de aprobalo canto antes.  
  • QPC: Agora ben. É posible declarar un Concello Libre de Eucaliptos e poder levalo á práctica? Que pasa cos propietarios de montes? Como se executaría a moción?
Fectivamente. O paso seguinte é falar cos propitearios. O primeiro que temos pensado facer é unha mesa redonda, á que intentaremos facer que veñan todos os propietarios do concello. Temos que ir casa por casa invitándoos, porque sabemos que cun bando non se vai enterar a xente. Pero como Corcubión é pequeno, non hai tanto problema. Na mesa participarán un experto de ordenación forestal, un perito agrícola, un biólogo, un especialista en temas de mancomunidades e unha persoa que saiba como funcionan as novas SOFOR, unha nova entidade que vén de crear o goberno do PP da Xunta, que aínda que non nos pareza perfecto, é o que hai que hai que aproveitalo. As SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal) son empresas que fan unha especie de “concentración parcelaria”, creando unha SL, unindo aos propietarios. A idea é a de levar a cabo un monte de frondosas con toda a terra unificada, con subvencións da Xunta, quedando os beneficios para os propietarios. Así poderíamos invitar aos propietarios a pensar nunha ordenación mancomunada do monte.  
  • QPC: E sería posible declaralo en toda unha bisbarra?
Na nosa moción hai un punto que di que o Concello incite aos demais concellos limítrofes a facer a mesma declaración. Non sería imposible. Ademais, tamén pensamos levar a mesa redonda a outros concellos como Cee, Dumbría, Fisterra, Muxía…  
  • QPC: Hai exemplos para esperanza?
Mira, dende Abeiro ata Torrelavega, nunha franxa de 50 km dende a costa é todo un eucaliptal, incluídas Asturias e Cantabria, pero Galicia lévase a palma. Aínda así, hai exemplos para ter esperanza, como o Parque Natural de Monfragüe, un bosque mediterráneo regado polo río Tiétar, con sobreiras, encinas… cunha fauna incrible. Un bosque que nos anos 80 é un eucaliptal, como explica o Centro de Interpretación nun documental, que conta como os veciños loitaron contra a invasión dos eucaliptos que viñan impostas do réxime franquista. A xente agora vive do turismo paisaxístico e ornitolóxico, pero tamén do corcho e da madeira que dan as encinas. Porque non se pode vivir só dunha cousa. Ten que haber unha biodiversidade natural, e ten que haber variedade para producir.  

Novas relacionadas

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Artigos sobre os incendios

Novas sobre os incendios

Fonte

Comentarios