Corcubión estrea exposición de debuxos

09:30 10/05/11

Do 10 ao 25 de maio de 2011, na sala de exposicións da Casa de Cultura de Corcubión, permanecerá aberta ao público, a exposición Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez.
Trátase dunha iniciativa da Deputación Provincial da Coruña, na que con diversas exposicións itinerantes, coas obras gañadoras dos diferentes certames culturais convocados pola propia Deputación, se pretende achegar a cultura a todos os rincóns da provincia.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.