Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Corcubión-Valencia: 25 horas atrapados na neve

Corcubión-Valencia: 25 horas atrapados na neve
Atrapados na AP6 Unha familia de Corcubión tamén quedou atrapada na AP6 Todo o país fala a estas horas da neve. De como unha tormenta de neve pode deixar máis de 3.000 persoas atrapadas durante unha noite nas estradas do país. Nin o Goberno, nin a DXT, nin as concesionarias souberon previr unha circunstancia meteorolóxica tan típica no centro da península, e moitas familias pasaron a pasada noite do sábado ao domingo na estrada. Unha desas familias era de Corcubión. Nacho Rodríguez e Marta Coronilla voltaban á Valencia tras pasar o Nadal coa familia. No coche tamén ían os seus 3 fillos de 14, 13 e 8 anos. “Menos mal que nós sempre levamos mantas, comida, auga… pero a verdade é que a nena pequena estivo moitas horas chorando”. Foron 25 horas de viaxe, con 7 horas completamente parados, pasando a noite no medio e medio da autopista, entre neve. Horas de incertidume, de desamparo, as que viviron esta e todas as familias que sufriron a falta de previsión das administracións e das empresas concesionarias. “O peor foi que tivemos información 0, e iso que chamamos ducias de veces á DGT, ao 112, e sempre nos ían dicindo “sin incidencias”. Ademais nos paneis informativos só dicían que tiñan problemas os camións, e nos cruzamentos importantes nos que se podería ter saído ou entrado, non había xentes informando”, lamenta Nacho. O goberno asegura que houbo 30 quitaneves en funcionamento, pero onde estaban á1:00h da mañá cando centos de coches estaban quedando atrapados na AP-6, entre o km 100 e o 40? Onde estivo a previsión? E que foi da información? “A DXT mentiu”, lamenta Marta. Aquí contamos como foron esas 25 horas de viaxe de Corcubión a Valencia, e con sorte, porque as saídas claves para evitar a neve caéronlles preto..

A viaxe máis longa de Corcubión a Valencia

1800 da tarde do sabado sen problema Case saíndo de Galicia ás 18:00 da tarde do sábado, sen problemas Saíron ás 16:00h da vila de San Marcos cun tempo típico da época. Nada grave. “Pasaban as primeiras horas como os meus pais estaban a escoitar nos Informativos que podería haber algún problema, comezamos a chamar á DGT, e nos dicían que non había ningún problema. A partir das 19:00h nos dixeron que estaban pechado para camións. Nós aí, a pesar de que había bo tempo, paramos no Manzanal, enchemos o depósito, e compramos unhas cadeas das textís, que xa case estaban agotadas a pesar de que nin o 20% dos coches atrapados levaban cadeas, pero foron os 84€ mellor gastados do último ano”. ”Volvimos preguntar antes de saír e nos volveron dicir “sin incidencias”. Chegamos preto de Adanero e eran ás 21:00 cando vimos o primeiro quitaneves, e fumos detrás, e volvimos chamar á DXT e non nos dixeron nada. O quitaneves saíu para a Nacional, e nós seguimos, e en canto nos metemos para dentro de novo, aos 10 minutos, xa había moita máis neve, e xa vimos coches tirados nos arcéns. Continuamos seguindo as rodadas do coche de adiante, sen intentar parar porque se non sería difícil arrincar de novo, en fila de 1… Xa era Comunidad de Madrid”. ”Houbo un parón, e aproveitamos para poñer as cadeas. E seguimos outros 30 km con cadeas, sen problemas. E xusto en Villacastín, e pensamos en saír en calquera saída para dormir nun pueblo, pero as saídas estaban cheas de neve. Pasamos a saída de Adanero (onde quedou atrapado o bus do Cerceda), e xa quedou todo parado. Xa serían as 21:30h, cos tres carrís ocupados. En ningún momento houbo un aviso nos monitores, pero a xentes moi responsable. Volvemos chamar ao 112 e á DXT e non nos contestaban… E o contestador dicían “sin incidentes””. [video width="640" height="360" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/01/08/Destras-dun-camion.mp4"][/video] Despois de ver pechadas varias saídas, foi á media noite cando se decataron de ían pasar a noite na estrada. E menos mal que ían ben armados. A esa hora xa levaban varios km percorridos a 10/20 km/hora, ata que arredor das 0:30h xa tiveron que parar o coche por completo. En apenas un cuarto de hora xa notaban que o coche quedaba cubertio pola neve tendo que saír de cando en vez para limpalo e ver que o fume non fose demasiado escuro. Mantiveron o coche encendido practicamente toda a noite, para manter o calor, gracias a que tiveran a precaución de encher o depósito no Manzanal. “Pero ao carón vimos xente que apagaba o motor por anacos, e mesmo un dos coches que tiñamos ao lado, decatámonos ás 7:00h da mañá que tiñan dúas nenas, ofrecímoslles algunha cousa e si que necesitaban auga, iogures…” Atrapados na AP6 2 Atrapados na AP6 durante 7 horas [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/01/08/Quitaneves-pasando-para-abrir-paso-a-UCO.mp4"][/video] ”Arredor das 1:00h a Garda Civil fixo circular pola marxe dereita peor non se parou para dar información nin nada. Pasaron as 3:00h, ás 6:00h… e nada, 0 información e alí parados…” Ás 7:00h comezaron a pasar os quitaneves polos dous lados. E pouco despois, arredor das 8:20h, pasou a Unidade Militar de Emerxencia (UME). A xente saíu a protestar dos coches, pero tampouco ían preparados e ían deixando algunha botella de auga que probablemente sería para o seu propio consumo”, apunta Nacho. A UME chegando á zona A UME axudando a man A UME axudando a man ”Case ás 9:00h os militares sacaban os coches dos arcéns arrastrando, utilizando as pas para quitar a neve e empurrando a man. Aí comezamos a saír pola Nacional dirección Madrid. Tivemos sorte porque a saída cadrounos a apenas 1 km de onde quedamos parados, e fomos dos primeiros en saír pola saída de Villacastín”. Nacional por Villacastín xa pola mañá Estampas fermosas en Villacastin Estampas fermosas se vían, pero non se disfrutaban, por Villacastin ”Cando saímos á Nacional, os coches tiñan 1 metro de neve. A verdade é que as estampas eran preciosas pero non o disfrutas, claro. Seguimos avanzando, e menos mal que un coche oficial sen rotular mandou parar un quitaneves de 4 que pasaban xuntos en sentido contrario. Aí puidemos avanzar varios quilómetros. Pouco despois decicimos volver á AP6, a pesar de seguir sen saber nada, e xusto cadramos con outro quitaneves que ía a 80 km/h un anaco. Pero as estancións de servizo eran unha trampa porque se entrabas non saías. Ás 10:30 pasamos o tunel de Guadarrama e ao saír si que había neve por fóra da autopista pero a estrada estaba ben. Cando collemos a A3 había neve, pero moi pouca, con precaución, pero despois xa estaba todo ben, ata chegar a 17:00h a casa… Iso si, tivemos que parar que a min me daba o sono, e descansamos un pouco antes de chegar a Valencia”, cóntanos Nacho. ”É incrible que a día de hoxe pasen cousas coma estas”, lamentan os dous. Pasando Guadarrama Pasando Guadarrama ás 10:30 As 1300 entrando na A3 ainda habia neve As 13:00 entrando na A3 ainda habia neve En Valencia dia espectacular En Valencia fixo un domingo espectacular, xa ás 16:00h

Fonte

Comentarios