Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corcubión xa pensa no seu Serán musical en San Roque

Corcubión xa pensa no seu Serán musical en San Roque
Seran San Roque Corcubion 2012

A Asociación de Veciños "San Roque" da parroquia de Redonda, de Corcubión, está amañando unha gran festa musical: un serán. Un serán dos auténticos, un serán que servirá de punto de reunión de xentes da casa, e de fóra, para non parar de tocar durante toda a tarde-noite.

O lugar escollido será o empblemático Campo de San Roque, onda o Albergue de Peregrinos, e onde cada ano as festas do San Pedro deixan unha cita sabatina espectacular. Este ano o segundo San Pedro terá lugar o sábado, 13 de outubro.

A cita comezará á hora de xantar, cunha comida de confraternización, que custará 20€ e para a que hai que apuntarse polo Evento do Facebook "I Serán San Roque Corcubión". Trala longa sobremesa, contra as 17:00h, realizaranse unhas pequenas demostracións de baile galego para que os principiantes tomen nota. E a partir das 18:00h, FESTA, e con maiúsculas.

Non parará de soar a música en horas neste Serán, que non concerto. Así o conta Rocío Lourido, unha das organizadoras pertentente ademais a unha tremenda familia de músicos corcubioneses: O serán e unha reunión de persoas que comparten un gusto común, a música e o baile tradicional galego. A festa a facemos entre todos, e para levar un orden, cada grupo que queira participar tocará 3-4 pezas (dependendo da cantidade de par ticipantes) e tamén deberá apuntarse para saber cantos imos ser. Cando rematen de tocar todolos grupos poderá repetir quen queira!

Iso si, hai que ter claro que non hai que ter vergoña, pois non hai que ser profesional nin levar os temas aprendidos, que aí van saíndo como saian. Só fai falta ter ganas de pasalo ben e disfrutar da nosa música e do noso baile.

Un dos que non faltará será Chete, un deses artistas eternos de Corcubión. Aquí o deixamos cantándolle a Virxe da Barca, nunca mellor traída.

Máis información

Fonte

Comentarios