En marcha a 20ª temporada da radiONeria

20:54 05/11/10

A través da rede
Pero unha das notas máis interensantes que presenta a emisora é que se pode escoitar pola rede. A través do seu blog radioneria.blogspot.com podedes tanto escoitar a emisora en directo, como descargar todos os programas para escoitalos á hora que prefirades. Ademais, a través do Facebook da radiONeria podedes seguir os boletín e moitos contidos máis. Estes son os contidos da radiONeria nesta nova tempada: a 2010 – 2011.Programas de Actualidade
Boletíns de novas

- Horario de emisión: de luns a venres ás 08:30h, 09:00h, 09:30h, 10:00h, 15:00h e 19:00h.
O Ronsel

- Horario de emisión: os xoves ás 22:00h (en directo) e os sábados ás 12:00h (en diferido).
Programas Culturais
Realidade e Soños

- Horario de emisión: os mércores ás 23:00h e os venres ás 14:30h.
Zarzuela
Como vimos de ver Manolín tamén ten outro espazo radiofónico para outra das súas paixóns: a Zarzuela. A nova temporada comezará proximamente.- Horario de emisión: os domingos ás 11:00h e os mércores ás 14:00h.
Escrita

- Horario de emisión: os martes ás 23:00h e os xoves ás 14:00h.
Programas Divulgativos
Cienciaes
O achegamento ao eido científico vén da man de Cienciaes. Trátase dun programa semanal de divulgación científica que pretende cumprir o obxectivo de que os oíntes sexan quen de maravillarse ante o mundo científico.- Horario de emisión: os venres de 14:00h a 14:30h
Ecoloxía
Belén Rodríguez conciéncianos cada día de que os recursos naturais son escasos e hai que coidar deles de cara a un desenvolvemento medioambiental, económico e social.- Horario de emisión: de luns a venres ás 12:00h.
Programas de Variedades
La hora del Comején
Juanito Comején presenta un tempo de radio no que nunca deixa títere con cabeza. Personaxes de eidos tan dispares como a política, a igrexa, a sociedade, ou a cultura poden ser obxecto de crítica nun espazo que non deixará indiferente a ninguén.- Horario de emisión: na medianoite (00:00h) do sábado ao domingo.
Programas musicais
Super Freak Night Show


- Horario de emisión: Os venres ás 22:00h e os luns ás 00:00h.
Foliada
A cita semanal coas músicas que se fan neste recuncho da terra. Dende grupos da Costa como os fisterráns A Crus de Baixar ata outros consolidados no noso país como A Roda, todos teñen cabida neste espazo. O seu presentador, Paco Mosqueira, o define así: “O melloriño da música tradicional galega”.- Horario de emisión: Os luns ás 23:00h e os mércores ás 20:00h.
O fantasma accidental

- Horario de emisión: Os mércores ás 21:00h e os luns ás 14:00h.
No Intro

- Horario de emisión: Os domingos ás 12:00h e os martes ás 20:00h.
Fórmula Neria

- Horario de emisión: Os sábados ás 17:00h e os xoves ás 20:00h.
Neria Weekend
A única alternativa ao deporte na radio durante a fin de semana vén da man de Fran Lago. Cento vinte minutos cada semana para mergullarnos coas mellores cancións de todos os tempos, dende os anos 70 ata a actualidade. E todo elo acompañado de diversos comentarios de actualidade con especial atención ás novas máis curiosas dos últimos días.- Horario de emisión: Os sábados e os luns ás 20:00h.
Intente dedicar su disco
Juanito Comején abre o teléfono para as túas adicatorias. Comején advirte: “abstéñanse horteras pero boa música témola toda”. Para tentalo, basta con marcar o 981738025.- Horario de emisión: Os martes e os domingos ás 22:00h.
Aires Celtas
Un programa para os amantes da música celta. Cada semana son moitos os músicos que pasan polo programa, non só cos seus sons, senón tamén para darse a coñecer máis a fondo a través de entrevistas. Á fronte do programa están Federico Salvador, Juan Armando Salvador, Lola Sánchez e Javier González.- Horario de emisión: Os sábados ás 11:00h e os martes ás 14:00h.
Chill Pop
As noites dos luns na radiONeria danche a oportunidade de tomar un “break”, nada máis comezar a semana. En Chill Pop únense música e imaxinación, cunha coidada selección musical onde manda a relaxación. Ademáis, entre canción e canción, unha historia, formando entre todas o fío condutor do programa.- Horario de emisión: Os luns ás 22:00h.
Italian Style
O vigués DJ Charlie dirixe un tempo de radio adicado ao estilo musical que máis sinte: o Italodance. Dúas horas de subidón xunto con multitude de seccións e diversos colaboradores, para facer máis amena a tarde do domingo.- Horario de emisión: Os domingos ás 17:00h e os sábados ás 22:00h.
Siete Pulgadas
Nas tardes do domingo, reggae e dancehall toman o relevo acompañado de moitas doses de humor. Trátase de Siete Pulgadas, unha fiestra aberta a uns sons descoñecidos para moitos…- Horario de emisión: Os domingos e os venres ás 20:00h.
Funkmanía
Qué mellor xeito de pechar a semana que coa compaña dos sons Jazz Funk e o Smooth Jazz. David Margam, productor musical, convídanos cada madrugada de domingo a viaxar a través de sons pouco cotiáns.- Horario de emisión: Nas madrugadas dos domingos aos luns ás 00:00h.
Boques musicais
A emisora municipal de Corcubión xa é a emisora que máis minutos de música sen interrupcións, unha aposta difícilmente superable. As mañás comezan dende ben cedo con Oldies, música dende os anos setenta ata a actualidade con cancións que todos coñecemos. Ás 09:30, e logo da información, chega un clásico: Mañás de guateque. Pero a novidade da tempada vén arredor das 12:10h coa Sesión Vermú, unha selección musical que obtivo unha extraordinaria resposta da audiencia durante a época estival, polo que decidimos mantela ao longo da tempada invernal. Xa pola tarde, ás 15:10h chega o compromiso da radiONeria co país a través dos seus sons e a Música Jalleja Dajora. Non paran as seleccións con Jrandes Ésitos dende as 16:00h, Fórmula Pop ás 18:00h e A Hora Indie ás 19:10h. Na medianoite adicamos un tempo á música con etiqueta. Os luns e os xoves, as mellores bandas sonoras en A Son de Cine, os martes o mellor da música Jazz, Soul e Blues, os mércores unha viaxe polo planeta con Músicas do Mundo e os venres, Metal. O Reggae e o Ska tamén teñen o seu sitio, os venres dende as 21:30h. Xa na fin de semana, a noite vén quentiña, co mellor dance dos anos 90 cada venres en Dance Remember, e o mellor dance da época 00 cada sábado en Dance Sen Pausa. Ámbalas dúas citas, dende as 02:00h da madrugada.Máis información
Novas relacionadas
- Nova tempada do Boletín de Novas da radiONeria e Radio Roncudo.
- A radiONeria cumpriu 19 anos de vida.
- A Foliada chega á radiONeria.
- A mocidade de No Intro toma a radiONeria en directo cada martes.
- A radiONeria, contigo mentres traballas a través da rede.
- A radiONeria amosa o talento musical do país.
- Manolín escolle os mellores poemas dun ano de programas en Realidade e Soños.
- Volve o Ronsel para guiar á radiONeria e Radio Roncudo.
- A radiONeria amosa o talento musical do país.
Fonte
- Redacción de Fran Lago para a radiONeria e para QPC ( franlago@quepasanacosta.gal).