Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión

Así é a alternativa escollida para a remodelación do Porto de Corcubión na zona da Viña

Este luns, Portos de Galicia realizaba unha presentación na Confraría para presentarlle ao sector portuario, incluídos membros da "Plataforma Porto Si, Mortos Non", e os representantes municipais as 3 alternativas sacadas do estudio preliminar da construción dun porto mixto en Corcubión.

Malia poñer un horizonte de 4 anos para o desenvolvento do proxecto, Portos quere ir avanzando, e ten o camiño ben asfaltado pois hai unanimidade total en todos os sectores para que o proxecto vaia superando etapas.

Asistentes á reunión

En contra, o orzamento necesario, que será duns 10 millóns de euros (sabemos por experiencia coa Autovía, por exemplo, o que custa traer para a comarca cada euro); ademais dos posibles atrancos que xordan da sempre negativa relación entre administración de distintas cores como son Costas e Portos.

En calquera caso, Portos parece convencido do potencial que hai no sector primario con paradas de pesquerías potentes, e en materia deportiva coa veciñanza de toda a comarca.

 

A alternativa escollida

Portos presentou as tres propostas pero a mellor valorada é a considerada Alternativa 1, cun dique de abrigo de 282 metros de crecemento cara o exterior, que acadou tamén o apoio unánime de todos os axentes que participaron na presentación. Esta proposta inclúe 194 prazas de amarrre para profesionais e náutica recreativa, ademais dunha marina seca, e a creación de explanadas de servicio e aparcadoiros.

Unnha vez ratificada a elección da Alternativa 1, Portos de Galicia dará inicio á tramitación ambiental, o que implicará que o proxecto será posto a exposición pública.

ntinuación do que xa hai cara o norte, outro cara Brens, e outro cara o sur  

NOVAS RELACIONADAS