Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”

ROOL UP PLATAFORMA PORTO SI MORTOS NON copia
A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”

Máis de 30 anos leva Corcubión pedindo a necesidade dun porto mixto, dun porto deportivo. Pero a cousa, a pesar da creación da Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non”, non ten visos de realidade. Así o denuncia hoxe o BNG, que lamenta que as verbas da presidenta de Portos de Galicia, Susna Leguas, sobre esta necesaria infraestrutura sexan o de “vai para largo”.

Mentres as embarcacións de recreo e as profesionais van ás pedras cada inverno, Corcubión leva escoitando prmesas e promesas. De aí, que non valga a frase de Portos de “un proxecto de gran envergadura e dificultade técnica”. “Non é posible que despois de 300 anos, o que é e foi o único porto natural para resgardarse dos temporais no tránsito marítimo da Costa da Morte, non teña unhas instalacións dignas para a actividade profesional da pesca e náutica deportiva”, denuncia o BNG.

O portavoz municipal do BNG, Lois Lado manifestou que “Non hai outra explicación: A dilatación no tempo do porto mixto en Corcubión é un castigo a todos os nosos veciños que o Partido Popular terá que explicar algún día”. O edil nacionalista engadiu que “imos a presentar varias iniciativas para que o vindeiro ano comece de verdade a ver a luz o novo Porto mixto, e recuperar a actividade económica na ría. Non merecemos este castigo, que sen dúbida debe ter unha resposta contundente dos corcubioneses”.

Aproveita o BNG para lamentar a eliminación do servizo do práctico (e o seu proceso de privatización) das instalacións no peirao de Corcubión, imposibilitando a entrada de barcos mercantes no peirao de Brens, e por ende, a actividade económica por vía marítima que existía.

Novas relacionadas

Comentarios