Farándula Velutina estrea obra en Corcubión

10:15 08/06/21
O vindeiro sábado 12 de xuño ás 20:00 na Casa de Cultura de Corcubión, "Farándula Velutina" estrea "A derradeira bala" , adaptación da obra homónima de Fernando Castro Paredes, integrante do grupo, dirixida por Marina Gómez e Fernando Castro Paredes.
Esta obra foi galardoada co I Premio no "Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño", e está publicada na editorial "Galaxia", na sección "Costa Oeste".
Debido á situación derivada da COVID19, é preciso reservar localidade na Biblioteca Municipal de Corcubión ou chamando ao teléfono 981 746190.
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 2020: Farándula Velutina recibe o 3º Premio do Certame Xuventude Crea.
- Farándula Velutina leva a súa premiada "Papiroflexia" a Corcubión.
- Farándula Velutina suma novos premios para o teatro costeiro.
- O Teatro ceense recibe outro premio.
- Fernando Castro Paredes gaña o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual.
- Papiroflexia abre o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA .