O goberno municipal volve pedir unha reunión coa Xunta para a apertura do Centro de Día e a adhesión da Escola Infantil á Rede autonómica
09 de xullo de 2024 (07:42 h.)
A pesar das constantes negativas por parte da Xunta, o goberno municipal de Corcubión volve a solicitarlle reunións para pedir a apertura do Centro de Día. É a terceira vez que o Concello solicita unha cita coa Consellaría de Política Social e Igualdade e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para tratar a apertura do Centro de Día da localidade, preparado dende hai máis dunha década no edificio do antigo Asilo.
Ademais goberno local de Corcubión quere tratar coas autoridades autonómicas a posibilidade de que a Xunta asuma a xestión e financiamento da escola infantil municipal incorporándoa á Rede de Escolas Infantís de Galicia.
A este respecto, o voceiro Lois Lado destacou que o custo da escola municipal, que na actualidade é levada directamente polo Concello de Corcubión, “ascende a 67.139 euros anuais que saen dos orzamentos municipais”, e subliñou que a petición de que o goberno galego o xestione “non é nada raro, pois xa o fai noutros moitos concellos porque a competencia corresponde á Xunta de Galiza”.
NOVAS RELACIONADAS
- 2021: Corcubión enrédase cas prioridades: Centro de Día, Residencia ou as dúas.
- Setembro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Xaneiro 2013: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día
- Marzo 2011: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.