Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O goberno municipal volve pedir unha reunión coa Xunta para a apertura do Centro de Día e a adhesión da Escola Infantil á Rede autonómica

Imaxe do edificio do antigo Asilo
O goberno municipal volve pedir unha reunión coa Xunta para a apertura do Centro de Día e a adhesión da Escola Infantil á Rede autonómica
A pesar das constantes negativas por parte da Xunta, o goberno municipal de Corcubión volve a solicitarlle reunións para pedir a apertura do Centro de Día. É a terceira vez que o Concello solicita unha cita coa Consellaría de Política Social e Igualdade e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para tratar a apertura do Centro de Día da localidade, preparado dende hai máis dunha década no edificio do antigo Asilo.

Ademais goberno local de Corcubión quere tratar coas autoridades autonómicas a posibilidade de que a Xunta asuma a xestión e financiamento da escola infantil municipal incorporándoa á Rede de Escolas Infantís de Galicia.
A este respecto, o voceiro Lois Lado destacou que o custo da escola municipal, que na actualidade é levada directamente polo Concello de Corcubión, “ascende a 67.139 euros anuais que saen dos orzamentos municipais”, e subliñou que a petición de que o goberno galego o xestione “non é nada raro, pois xa o fai noutros moitos concellos porque a competencia corresponde á Xunta de Galiza”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios