Lola Rontano realiza na Coruña e Corcubión as primeiras presentacións en Galicia da obra premiada “Austroatlántica”
29 de novembro de 2019 (23:05 h.)
A primeira presentación foi realmente no IES de Baio, pero claro, aí é onde Lola Rontano fai de mestra, ademais de escritora. Despois de pasar por Murcia, a súa terra natal, e outros puntos da xeografía española, a escritora baiesa comeza unha serie de presentacións da súa premiada obra “Austroatlántica” por Galicia.
A primeira parada será na Coruña, e contará coa presencia de Xurxo Couto en nome da Deputación. Será o vindeiro martes 3 de decembro ás 19:00h na Biblioteca da Deputación.
A seguinte parada será o venres 13 de decembro na Capela do Pilar de Corcubión, a través da comunidade eco-social Boca do Sapo e da Universidade Cromática das Virtudes.
Novas relacionadas
- 26-11-19: Mestra a escritora.
- Setembro 19: Lola Rontano presenta a súa novela cun booktrailer.
- Decembro 18: Lola Schuzt recolleu o Premio Torrente Ballester pola súa novela "cortaziana”.
Outros artigos de Lola Rontano en QPC
- A nosa cinza.
- 50 anos de Stonewall: 28 de xuño, día do orgullo a toda costa.
- Disforia post-electoral.
- Bixby en Viena con Ultravox e as últimas eleccións.