Domingo. 15.09.2019
El tiempo

Lola Schuzt recolleu o Premio Torrente Ballester pola súa novela "cortaziana"

Lola Schuzt recolleu o Premio Torrente Ballester pola súa novela "cortaziana"
Dolores Torrano-Lola Schuzt con Goretti Sanmartin Lola Schuzt con Goretti Sanmartín e o premio Torrente Ballester de Novela en Castelán da Deputación da Coruña

Non faltou a gañadora do XXX edición do Premio Torrente Ballester en español, ao Pazo de Mariñán, para participar na premios culturais da Deputación da Coruña. 11 categorías premiadas, e unha con protagonismo da Costa da Morte.

Dolores Torrano, máis coñecida como Lola Schutz, en Laxe, onde reside, e no IES de Baio, onde traballa, quixo agradecer á Deputación e ao xurado por ter escollido a súa primeira novela, "La Argentina que Dios quiere”.

O xurado definiu a novela como "brillante, de grande ambición literaria e extraordinaria orixinalidade e, á vez, embebida na tradición recente da literatura latinoamericana". Segundo o xurado, a obra "recorda o estilo cortazariano. Áxil e de grandes personaxes e supón unha excepcional conexión España-Arxentina, ambientando maxistralmente a realidade de ambos os países”.

Lola Schuzt no xardin do Pazo de Marinan recollendo o Premio Torrente Ballester Lola Schuzt no xardín do Pazo de Mariñán antes de recoller o Premio Torrente Ballester da Deputación

Estes premios insírense na defensa que facemos desde a Deputación da Coruña de que a cultura é un dereito, non un ornamento, non un accesorio para un día, para unha festa. Precisamos a cultura todos os días, alimentámonos dela, como identidade, como memoria, como patrimonio, como innovación, como transformación social, como análise crítica da realidade, como descuberta creadora, como xeito de estar no mundo e nos proxectar tamén no exterior", defendeu Goretti Sanmartín, na súa intervención.

Familia de gañadores dos 11 premios culturais da Deputación da Coruña Familia de gañadores dos 11 premios culturais da Deputación da Coruña

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/lola-schutz-gana-a-xxx-edicion-do-premio-torrente-ballester-en-espanol-coa-sua-primeira-novela/

Comentarios