Luns. 18.11.2019
El tiempo

Lola Rontano presenta a súa novela cun booktrailer

Lola Rontano presenta a súa novela cun booktrailer

Non son tan típicos pola comarca como por outras latitudes, pero os booktrailers son bastante frecuentes para difundir en redes a publicación dun libro. Así o sabe a nosa Lola Rontano, a autora costeira que presenta o teaser da súa primeira novela, Austroatlántica, gañadora do Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña. Unha novela que sairá a todas as librerías do estado en outubro.

Son imaxes súas mesturadas con outras extraídas da prensa nun vídeo feito coa axuda de Cora Peña. Ao mesmo tempo podedes seguir os primeiros textos, acompañados de imaxes, na páxina de Facebook Austroatlántica.

Novas relacionadas

Outros artigos de Lola Rontano en QPC

Comentarios