Mércores. 19.01.2022
El tiempo

"O mercado na fin do Camiño" chega esta fin de semana a Corcubión

Mercado Fin do Camiño-Corcubion
"O mercado na fin do Camiño" chega esta fin de semana a Corcubión

Esta fin de semana, a praza Castelao de Corcubión acolle ‘O mercado na fin do Camiño’, unha iniciativa da área de Turismo da Deputación da Coruña, que xestiona o deputado e vicepresidente Xosé Regueira.

O mercado, que se instalará na praza Castelao de Corcubión, estará aberto ao público de 12:00h a 20:00h ininterrumpidamente tanto o sábado 4 como o domingo 5 de decembro. E chega con máis de 15 artesás e un amplo programa de actividades culturais e de lecer para todos os públicos e idades.

Tamén durante as dúas xornadas están previstas ‘sesións vermú’ e ‘sesións tardeo’ amenizadas por DJ’s, un recital poético, e diversos obradoiros como de maquillaxe para crianzas, de arte efémera ou de diversas técnicas de artesanía.

comentarios