MODELO, un Congreso que sigue

Despois das xornadas celebradas a pasada fin de semana en Vimianzo, o I Congreso MODELO prosegue as súas actividades o venres 1 de abril, as 9:00, na Casa Cultura de Corcubión, coa benvida do Alcalde de Corcubión, Javier Lema Fuentes. A segunda sesión do congreso desenvolverase pois venres 1 e sábado 2de abril na vila de San Marcos.

A asistencia é libre e gratuíta á todas as actividades (conferencias, mesas redondas, paneis, comunicacións e videoforum). E se o tempo o permite, despois da clausura realizarase unha viaxe en barco ata Fisterra pola ría de Corcubión.

Natureza e TIC

Pedro de Llano, catedrático de Arquitectura e autor do libro ”A Arquitectura popular de Galicia” comezará esta segunda fin de semana do congreso có relatorio O Patrimonio como recurso económico sustentábel.

Presentaranse dez comunicacións sobre "O medio natural: oportunidade de desenvolvemento sostible" e sobre "As TiCs no desenvolvemento local". Entre outras coñeceremos a iniciativa para o desenvolvemento do medio rural mediante a posta en funcionamento de rutas agroalimentarias que levou a cabo Habitaq Consultoria e Desenvolvemento SL. Tamén será presentada no congreso o proxecto Parnet-tic da Deputación da Coruña, unha rede provincial participativa que ofrece servizos dixitais nas zonas rurais da provincia.

Obradoiros

Nesta fin de semana celebraranse tres obradoiros:

  • Resolución de conflitos: Técnicas de negociación impartido por Raquel Piñeiro López e Fatima Rodriguez de Promove Consultoria e Formación SLNE.
  • Uso das TICs baseadas en SwL en entornos empresariais. Con Oscar González Represas, director da Área TIC do Instituto Tecnolóxico de Galicia e Alejandra Maceiras Pinilla, directora Área de Xestión da Innovación do ITG.
  • O Sistemas de Información Xeográfica como ferramenta de planificación territorial, por Jose Antonio Aldrey, profesor de Análise Xeográfico Rexional da USC.

Videoforum

As actividades do venres rematarán coa segunda parte do videoforum Olladas da Costa da Morte. Proxectaranse as curtametraxes “Os faros da Costa da Morte” de Manuel Vilar Álvarez e “A casa de Lola e Andrés” de Olaia Sendón e un capítulo de ”Para mariñeiros nós” de Suso Lista e Omar Rabuñal. A continuación do visionado, os autores das curtametraxes debaterán sobre “Os modelos e consecuencias dos crecementos económicos e o desenvolvemento dos recursos e territorios”.

Internacionalizando empresas

O sábado 2 de abril comezará co relatorio "A internacionalización das empresas: O mercado chinés", de Xulio Ríos Paredes do Instituto Galego de Análise e documentación Internacional e será presenta por Ricardo Garcia Mira, profesor Titular de Psicoloxía Social e Ambiente da UDC, departamento organizador do congreso.

Seguirá o panel Infraestrutura de apoio á promoción empresarial ocaso con participación de Mar Pernas, xerente UGACOTA; Francisco Jesús Ferreiro e Alberto Vaquero, autores do libro “Os viveiros de empresa como axentes de promoción económica”; Manuel Costa Barrientos da Asociación Técnicos Forestais de Galicia e Fernando Couto Garcia, tesoureiro da FECOM e secretario de Asfeco.

O congreso será clausurado por Xoán Manuel Sande Muñiz, presidente da Comisión de Benestar Social da Deputación da Coruña e contará coa presenza do alcalde de Corcubión Francisco Javier Lema Fuentes, José María Borja Pérez, Reitor da UDC, e a presidenta da asociación Afiprodel, Dona María Dolores Pena Pena.

Programa do I Congreso Modelo en Corcubión

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).