En marcha o Congreso MODELO

A Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local inaugura en Vimianzo este venres, 25 de marzo de 2011 o I Congreso MODELO en Vimianzo. O Congreso desenvolverase venres e sábado 26 en Vimianzo e os 1 e 2 de abril en Corcubión, coa colaboración dos concellos de sendas localidades.
Trátase dun programa moi completo que abarca temas moi diversos que nos atañen na vida cotiá. Haberá poñencias de todo tipo, hai 1 crédito de libre configuración para estudiantes da USC e 2 da UdC e como última novidade as tardes dos dous venres contarán con sesión Videoforum.
A entrada a este ciclo e libre, como todas as actividades do congreso, conferencias, mesas redondas, paneis e comunicacións. Na web do congreso, na sección de videofurum, atópanse as sinopses e os enlaces ás webs das curtametraxes.
Programa en Vimianzo



Programa en Corcubión



Máis información
Novas relacionadas
- O Congreso MODELO segue medrando.
- As Universidades recoñecen créditos ao Congreso MODELO.
- Queres opinar ou preguntar sobre desenvolvemento e emprego?.
- Carnota acolleu a presentación do potente Congreso de Desenvolvemento Local MODELO.
- A Afiprodel consegue apoio da Xunta para o congreso Modelo.
- Un Congreso Modelo de desenvolvemento na Costa.
- A bitácora da semana (XC): Un blog de profesionais do desenvolvemento local .
- Os tecnicos de emprego dos concellos toman nota do Plan Leader.
Fonte
- Nota de prensa da AFIPRODEL.