Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Congreso MODELO segue medrando

O Congreso MODELO segue medrando

Continúa en marcha o Congreso MODELO que artellan os profesionais do emprego dos Concellos da Costa da Morte. E son moitas as propostas que recibiu o comité organizador para amosar novas vías de desenvolvemento local. Máis de medio centenar de propostas foron presentadas para ser compartidas no congreso baixo a fórmula de comunicacións. Comunicación que son o escaparate de programas e proxectos que se desenvolven en Galicia.

Agrúpanse en 3 áreas: iniciativas innovadoras, medio natural e oportunidades de desenvolvemento sostible e tecnoloxías da información e comunicación aplicadas ao desenvolvemento e ao emprego.

42 seleccionadas

Dada a calidade das propostas recibidas, seleccionáronse 42, a maioría das comunicacións enviadas. 15 delas serán presentadas polos seus autores no congreso.
Por exemplo, exporá a súa experiencia a cooperativa de traballo asociado Milhulloa dedicada ao cultivo ecolóxico, galardoada dende o 2003 ata ao 2010 con diferentes premio pola comercialización de plantas medicinais e aromáticas, logrando sacar ao mercado o grelo ecolóxico deshidratado.
Tamén coñeceremos, entre outras, a iniciativa para o desenvolvemento do medio rural mediante a posta en funcionamento de rutas agroalimentarias que levou a cabo Habitaq Consultoria e Desenvolvemento SL.
Tamén será presentada no congreso o proxecto Parnet-tic da Deputación da Coruña, unha rede provincial participativa e que ofrece servizos dixitais nas zonas rurais da provincia.

Ademais das 15 comunicacións seleccionadas para expoñer no congreso, na web do mesmo están expostas outras 21 experiencias realmente interesantes que poden servir de modelo para outros territorios.
Entre estas comunicación presentadas na web hai experiencias empresariais e cooperativas como “Necesidade, accesibilidade e incardinación das TICs no caso de Imperdible servizos Culturais” de Imperdible Servizos Culturais SCG. Casas Rurais Solidarias mostra as vantaxes de aproveitar o traballo en rede.
O concello de Corcubión mostra as posibilidades da súa rede Wimax e outras comunicacións mostran a funcionalidade das redes sociais para promocionar eventos culturais.

Ciclo de curtas

Por outra banda, paralelo ao congreso, organizase o vídeo - forum “Olladas da Costa da Morte”, ciclo de curtametraxes sobre a comarca coa presenza dos seus guionistas ou directores.

 

As Universidades participan

Xa vimos que universidades do país recoñeceron créditos ao Congreso Modelo. Pero a participación das entidades universitarias vai máis alá. I é que Reitor da Universidade da Coruña prometeu estar presente no acto de clausura.

Máis novas do Congreso MODELO

  • A FEPRODEL, federación de profesionais do desenvolvemento local de España, participará no Congreso MODELO. A federación de profesionais do desenvolvemento local de España intervirá e coordinará a mesa “A Situación Laboral dos AEDL de Galicia” que se celebrará ás 16:00h do día 25 de abril en Vimianzo.
  • Andrés Hermida Tratoy, Director Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co rector da Universidade de A Coruña, José María Barja Pérez, clausurarán o encontro en Corcubión o 2 de abril.
  • Confirmouse que a Fundación Rodriguez de la Fuente participará no panel Perspectivas Innovadoras no desenvolvemetno Local e a CIG na mesa Situación Laboral dos AEDL de Galicia.

Máis información e inscrición

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da AFIPRODEL.

Comentarios