venres. 06.12.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión ponse mans á obra co Mercado Medieval

O Concello de Corcubión ponse mans á obra co Mercado Medieval
As asociacións de Corcubión reuníanse este pasado sábado no Salón de Plenos do Concello para tratar o relevo na organización do XI Mercado Medieval da Costa da Morte. Unhas 10 asociacións acodían á cita convocada polo Concello corcubionés. O alcalde preguntou se había algunha asociación interesada en tomar o relevo, pero asegurou que se non houbese moito apoio que tería que ser o concelllo o que tomase as rendas. Por eso o Concello quería saber quen quería colaborar, sobre todo enfocado a comezar co traballo das subvencións, que xa se van se teñen solicitar neste mes. Foron varias as asociacións que se amosaron dispostas a colaborar, pero como xa se prevía, ningunha asume o mando de operacións. Algunha entidade amosaron o seu interese en colaborar e para solicitar subvencións como a Airiños de Quenxe, a Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, Club Marítimo Carrumeiro, Asociación de Veciños de Corcubión, e a Asociación de San Roque de Oliveira. Queda pendente unha reunión entre o Concello e o ata o de agora Comité Organizador (formado polas asociacións Nemancos, Corcubión 2000 e Idade e Media) para perfilar o sistema organizativo. Con todo, dende as entidades organizadoras están agardando a ver como respiran as subvencións para ver en que queda o déficit da organización. Agora queda moito traballo por facer, pero dende o concello teñen claro que precisan “Apoio de todo o mundo”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios