A paisaxe centra o debate dos encontros “Filosofía para veraneantes”
11:54 17/07/21
O ano pasado tiveron que realizarse en inverno e polas ondas da radiONeria e Radio Roncudo. Pero este ano, os encontros do programa “Filosofía para veraneantes” volven baixar á rúa. As xentes da Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes de Corcubión prepararon un calendario de charlas do 3 ao 7 de agosto, con grandes nomes da artesanía, da arqueoloxía, da historia… que se celebrarán nos recuperados Xardíns do Peirao, así como na Capela do Pilar.
A Paisaxe será o centro neurálxico arredor do que xirarán as intervencións , como nos explican no contexto das charlas. Os ponentes serán os seguintes:
- 3 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Federico Silvestre (Historiador e Filósofo – USC), María Marco (Escritora e Crítica de arte).
- 4 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Brais González Arribas (Filósofo-Proxecto Derriba), German Labrador (Estudios culturales- Princeton University)
- 5 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Elvira Santiago (Socióloga UdC) e Roberto Abuín (Filosofo, Antropologo e editor)
- 6 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Frank Buschmann (Artesan da madeira) e Arturo Franco (Arquitecto e Cineasta – ETSAM)
- 7 de agosto, ás 20:00h na Capela do Pilar: Maria Morata (Comisaria independiente): “INTERDEPENDENCIA. POST-NATUREZA E PAISAXE.
Novas relacionadas
- Xaneiro 21: As 5 pílulas radiofónicas de Filosofía para veraneantes xa na rede.
- Agosto 19: Miguel Vázquez Freire e María Bella reflexionan sobre como “achegar a filosofía á xente”.
- 2019: As mulleres copan a palestra do IV Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión.
- 2018: Corcubión, ou a illa paradisiaca de veraneo onde desconectar sumerxíndose na arte de pensar.
- 2018: Corcubión enche a Capela do Pilar de reflexións.