Piden axilizar as obras da rúa Pepe Miñones, en pleno casco corcubionés
Hai 15 días que "non se move unha pedra" nas obras da rúa Pepe Miñones, unha das arterias principais do casco vello de Corcubión. En pleno mes de xullo, cando a vila multiplica por 2 ou 3 a súa poboación, e se enche de visitantes, as obras empantanan este chuvioso verán, segundo denuncia o grupo Sempre Corcubión.
"Non coñecemos o motivo real da paralización da obra, pero egocios e veciños sufrimos as consecuencias da falta de prognóstico ante calquera percance que impida a continuación da obra", denuncia Alfredo González. "Cando menos, poderían habilitar un paso transitorio; evitando deste xeito o atranco na vida cotiá, e o mesmo tempo, risco de accidentes polo paso inadecuado de transeúntes cun mínimo de seguranza".
De calquera caso, piden axilizar as obras e rematalas canto antes.