Piden a retirada da esfolada cabina de teléfono de Corcubión
10:21 14/12/22
Dende comezos deste 2022 a empresa Telefónica está a retirar as case 15.000 cabinas que aínda quedaban en toda España unha vez que deixaron de ser un servizo universal obrigatorio. Pero a realidade é que a día de hoxe, case un ano despois do comezo desa retirada, son moitas as que aínda quedan afeando as nosas rúas.
É o caso do paseo marítimo de Corcubión, onde a esfolada cabina, ubicada ao lado do edificio de Correos en plena avenida da Constitución, e que está fora de servizo desde fai anos, dá unha imaxe pésima.
Así o entende o grupo Sempre Corcubión, que pide ao goberno municipal que faga as xestións oportunas para que a empresa faga efectiva a súa retirada.