A potencia do recitar de Rosalía Fdez. Rial asolagou Corcubión
15 de febreiro de 2022 (09:44 h.)
Vivírona en Santiago co gallo do Día dos Medios en Galego. E este pasado venres foron os corcubioneses os que puxeron a pel de galiña cos seus poemas. Rosalía Fdez. Rial pasou pola Capela do Pilar de Corcubión nun evento organizado pola Asociación Feminista Buserana. Cunha boa acollida do públco, e acompañada de Miguel Anxo Fernán Vello, coidador do novo espazo cultural Espiral Maior Foro, Rosalía demostrou a potencia do seu recitar.
Como dunha vagha de mar entraron os poemas pola praza de Castelao enchendo de emoción ao público asistente.
Novas relacionadas
- Rosalía Fdez. Rial presenta "Desnortadas" na súa segunda casa.
- Rosalía Fernández presenta “Desnortada” na nova sede de Edicións Espiral Maior.
- #25N: Maica Pastoriza, Carmen Méndez, Vicky Varela e de Rosalía Fdez. Rial visibilizan a creativa feminina