Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Rosalía Fernández presenta hoxe mércores “Desnortada” na nova sede de Edicións Espiral Maior en Carballo

Rosalia Fdez Rial en Muxia
Rosalía Fernández presenta hoxe mércores “Desnortada” na nova sede de Edicións Espiral Maior en Carballo

Hoxe, mércores, 24 de novembro, ás 19.30 h., na Rúa do Sol, 34, terá lugar en Carballo a presentación do libro “Desnortada”, obra da poeta e profesora carballesa Rosalía Fernández Rial que acaba de ver a luz en Edicións Espiral Maior. O libro inclúe un CD con 8 temas poético-musicais interpretados na voz da autora e con música (acordeón) de María Álvarez Santiago.

O acto, no que participarán Rosalía Fernández Rial e o director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, servirá para inaugurar Espiral Maior Foro, un novo espazo cultural, aberto ao público, que nace en Carballo e que incluirá unha libraría especializada e unha galería de arte na que, en breve, terá lugar unha exposición da obra pictórica última de Xulio García Rivas.

En Espiral Maior Foro crearase un Clube de Lectura, terán lugar tertulias literarias e serán impartidos Talleres de Creación Poética e Artística, ademais de servir como espazo para a presentación de libros, celebración de conferencias, mesas redondas e calquera outro tipo de intervencións culturais.

espiralmaior1

A obra “Desnortada”, que inclúe 54 poemas de Fernández Rial, recentemente galardoada como autora do Mellor Poema 2020 no festival galego-portugués “aRi(t)mar” e unha das voces emerxentes e máis recoñecidas da poesía galega contemporánea, será asinada pola autora a todo o público presente, e servirá ademais para celebrar os 30 anos de existencia de Edicións Espiral Maior (1991-2021), empresa editora fundada no seu día na cidade da Coruña e agora instalada definitivamente en Carballo.

Comentarios