A potencia do recitar de Rosalía Fdez. Rial asolagou Corcubión
09:44 15/02/22
Vivírona en Santiago co gallo do Día dos Medios en Galego. E este pasado venres foron os corcubioneses os que puxeron a pel de galiña cos seus poemas. Rosalía Fdez. Rial pasou pola Capela do Pilar de Corcubión nun evento organizado pola Asociación Feminista Buserana. Cunha boa acollida do públco, e acompañada de Miguel Anxo Fernán Vello, coidador do novo espazo cultural Espiral Maior Foro, Rosalía demostrou a potencia do seu recitar.
Como dunha vagha de mar entraron os poemas pola praza de Castelao enchendo de emoción ao público asistente.
Así, como unha vagha de mar, entraron os poemas de @RosaliaRial na enseada de Corcubión da man da @buseranas pic.twitter.com/BLyxOw4nD8
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) February 15, 2022
Novas relacionadas