Mércores. 08.12.2021
El tiempo

#25N: Maica Pastoriza, Carmen Méndez, Vicky Varela e de Rosalía Fdez. Rial visibilizan a creativa feminina

Maica Pastoriza en Cabana
Maica Pastoriza foi unha das protagonistas do acto
#25N: Maica Pastoriza, Carmen Méndez, Vicky Varela e de Rosalía Fdez. Rial visibilizan a creativa feminina

Acto singular o celebrado esta mañá de 25 de novembro na Casa do Pendón de Cabana. A xornada ‘A visibilidade da muller. Somos unha voz importante’ serviu precisamente para iso, para darlle visibilidade á creatividade das mulleres da comarca. Artistas, poetas, cantantes e veciñas do municipio enfatizaron na necesidade de concienciar á poboación desde a cultura e o ámbito educativo.

Abriron o telón Laura Blanco, Antía Lema, Paula Ordóñez e Iria Rellán, da Escola Municipal de Teatro.
A poeta vimiancesa Maica Pastoriza Paz particicpou coa lectura de ‘Sé ti, sé ceibe’.
Pola súa banda, a pintora cabanesa Carmen Méndez amosou parte do seu talento na xornada con algunha das súas obras, que permanecerán expostas no Centro de Maiores de Neaño a partir do 13 de decembro.

Rosalia Fernadez Rial en Cabana
Rosalía Fdez. Rial en plena conversa

A mañá seguiu adiante coas intervencións de Vicky Varela Ordóñez e de Rosalía Fernández Rial, que vén de presentar o seu novo poemario, que afondaron ante un atento público eminentemente feminino, na necesidade de falar da violencia de xénero sen tabúes.

Pechou o acto a actuación do grupo Son de Cabana.

Cabana25N

comentarios