A radiONeria reflexiona sobre o turismo sostible coa grabación dun podcast aberto ao público

Toño Casais dirixindo un programa especial da radiONeria na capela do Pilar de Corcubión en 2023

Este sábado 31 de xuño, ás 10:00h, a radiONeria graba un novo podcast no Centro Recreativo Cultural Casino de Corcubión. A emisora municipal da vila de San Marcos, coordinada por Toño Casais, prepara un programa especial e aberto ao público que leva por título "Turismo sostible e riqueza na Comarca”, no marco do proxecto OndaODS en colaboración coa Rede de Emisoras Municipais Galegas.

A cita contará coa participación cidadá, tendo como convidados ao Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; ao alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez; ao presidente de APTCM Pepe Formoso, e no que contarán cun coloquio sobre turismo sostible coa Xerente do Galp Costa Sostible, Manuela Oviedo; con Xoán Creus, arquitecto e profesor da ESAT da Coruña e con Iria Caamaño, profesora de socioloxía e comunicación na UDC.

Máis novas