A ría de Corcubión acolle a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

11:00 03/09/21
A ría de Corcubión acolle este domingo, 5 de setembro, a partir das 16.00 horas, a tradicional Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, que chega á súa trixésimo primeira edición masculina e á segunda na modalidade feminina.
A competición, organizada coa colaboración da Federación Galega de Remo, contará coa participación dun total de 18 clubs da provincia (12 masculinos e 6 femininos), que disputarán a Bandeira nunha regata de 3 millas mariñas (5.556 metros) que constará de 3 ciabogas e catro largos. Repartiranse 25.100 euros en premios entre os e as participantes.
Na feminina participarán un total de 6 equipos: o Club do Mar de Mugardos, o Club de Regatas Perillo, o C.R. Cabo de Cruz, C.R. Rianxo, C.R. Puebla e C.R. Náutico de Ribeira.