sábado. 07.12.2024
El tiempo

Solicitan a instalación dun punto de recollida de colectores no porto de Corcubión ante a detección de vertidos

Vertido de fuel no porto de Corcubion
Nas últimas semanas vense verteduras de fuel filtradas no porto corcubionés
Solicitan a instalación dun punto de recollida de colectores no porto de Corcubión ante a detección de vertidos

A Plataforma Porto Si, Mortos Non, vén de denunciar unha serie de verteduras de fuel e gasóleo nas augas do porto de Corcubión. Entenden que as verteduras proceden do “inexistente punto limpo” desta instalación portuaria.

A plataforma vén de enviarlle un escrito a Portos de Galicia esixindo a “urxente instalación da instalación de recollida de colectores, unha instalación que inclúe un falso chan que evita que os colectores perdidos acaben no mar, como xa foi o caso”.

zona de residuos do porto de Corcubion

Comentarios