![ac445-fisterra]()
O sinistro tivo lugar na madruga do pasado domingo no quilómetro 11,200 da AC-445
Un
veciño de Corcubión - E.C.C. - de 52 anos foi sorprendido na madruga do pasado domingo despois de ter un accidente co seu coche. Segundo indican dende a Garda Civil de Tráfico, o equipo de Atestados recibiu o aviso dun accidente en Fisterra á altura do quilómetro 11,200 da AC-445; estrada que comunica Cee con Fisterra.
Unha vez alí, os axentes viron un turismo volcado
despois de que colisionase contra o muro dunha vivenda e que, segundo testigos presenciais, o conductor e único ocupante se ausentou. O home localicalizárono a uns 300 metros do lugar do sinistro durmindo nunha zona de matorrais. Sometérono á proba de alcoholemia dando como resutado unha tasa de 0,76 mg/l de aire espirado. Ademais, comprobaron que lle retiraran anteriormente o permiso de conducir por sentencia firme e que tampouco realizou o curso de sensibilización para recuperar o único carné que tiña que só o habilita para conducir ciclomotores.
Ante estes feitos, os axentes de Atestado instruiron
dilixencias por dous delitos; un, por conducir un vehículo a motor baixo a influencia de alcohol e cunha tasa superior a 0,60 mg/l de aire espirado e, outro, por conducir un coche a motor despois de retirarlle o permiso de conducir por sentencia xudicial firme e sen realizar o curso de sensibilización para recuperalo.
Penas
Segundo indica a Garda Civil, o feito de conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, ou superar a tasa de 0,60 mg/l conleva unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días e, en calquera caso, coa privación do dereito a conducir vehículos a motos e ciclomotores por tempo superior de un e ata catro anos, sendo as mesmas penas para o delitos de conducir sendo privado cautelarmente do permiso por decisión xudicial.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Garda Civil