Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Os taxistas de Corcubión trasládanlle á Delegada da Xunta a necesidade de flexibilizar o movemento entre Concellos

Reunion de Belen Docampo cos taxistas de Corcubion
Os taxistas de Corcubión trasládanlle á Delegada da Xunta a necesidade de flexibilizar o movemento entre Concellos

delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recibía onte acompañado aos representantes dos sector do taxi no Concello de Corcubión para escoitar as súas necesidades. En presenza do portavoz do Grupo Municipal do PP de Corcubión, José Domínguez Buiturón, os taxistas trasladáronlle a súa proposta de estudar un posible acordo que permita flexibilizar o movemento dos taxis entre Concellos ante o incremento de demanda, nos últimos anos, coa chegada de turistas e peregrinos.

Belén do Campo aclarou que este tipo de solicitudes son estudiadas pola Xunta pero teñen que partir sempre por iniciativa dos Concellos, a pesar de non ter invitado aos gobernos municipais de ningún concello da comarca.

Comentarios