Venres. 13.12.2019
El tiempo

“Todos e todas saímos sendo un pouco Greta”

Sabela Romar respondeu a ducias de preguntas do alumnado de Corcubión e Cee
Sabela Romar respondeu a ducias de preguntas do alumnado de Corcubión e Cee
“Todos e todas saímos sendo un pouco Greta”

Hai aprendizaxes que quedan para toda a vida. Seguro que a visita de Sabela Romar, corresponsall da TVG en Bruxelas, quedará na mente do alumnado de 5º e 6º do CEIP Praia de Quenxe e mais do de 1º e 2º do IES Fernando Blanco de Cee. Xuntos participaron nunha acitividade artellada por María Bella, da Comunidade Eco-social Boca de Sapo, no cole corcubionés, facendo chegar o movemento mundial dos #FridaysforFutures a este recuncho do occidente europeo.

Maria Bella e Sabela Romar
María Bella e Sabela Romar

Coincidindo en venres (o pasado 22) e poucos días despois do Día Mundial da Terra, a rapazada coñeceu un pouco máis a revolucionaria figura de Greta Thumberg, esa rapaza sueca que con apenas 16 anos acaba de darlle a volta á loita internacional polo medioambiente, deixando de ir a clase os Venres para pedirlle aos adultos e políticos que sexan responsables e más activos na protección do Planeta.

É momento para pensar e reflexionar sobre a saúde do planeta, dun xeito absolutamente participativo. Pouco a pouco o alumnado foi lendo pequenos textos, situando historicamente o comezo do cambio climático. Conceptos como combustibles fósiles, emisións á atmósfera de gases de efecto invernadoiro, capa de ozono… comezan a ser xa elementos habituais nas conversas da rapazada.

Rapazada do CEIP Praia de Quenxe reflexionando sobre o planeta

María, Mateo, Adrián, Irene, Candela… puxeron voz a todos os movementos de concienciación e protesta que se teñen realizado ao longo do planeta para visibilizar o cambio climático. Ata que chega Greta á escena, e pon os #Venresparaofuturo na axenda de millóns de escolares de todo o planeta, na axenda do presente e do futuro do mesmo.

Foi a xornalista corcubionesa a que debullou a figura e “obra” de Greta. Púxolles un vídeo con extractos, editado pola propia Sabela para a ocasión, para que vexan e escoiten directamente a voz de Greta, porque Greta é realmente unha rapaza, coma [email protected] [email protected], e esa cercanía permítelles empatizar moito mellor con ela e coa súa loita. Pasearon por Edinburgo, Berlín, Nova Zelanda, Belfast, Sidney, Tokyo, Londres, Cape Down, Deli, Helsinki… vendo xentes e pancartas que protestan colectivamente.

Sabela quxio reincidir na responsabilidade de cada un, de que todos somos, de algún modo, parte do problema e parte importantísima da solución. “Van ser eles e elas as que formen parte desa sociedade que tendrá que convivir coas consecuencias de non ser responsables co cambio climático no pasado e o presente”, explícalles.

É aí cando, sabendo xa que o cambio climático é culpa de [email protected] nós e que se pode reverter, cando comezan a saír as ideas de todo o que cada un pode facer: reciclar, plantar árboles, ir en bicicleta...

”Foi unha sesión moi participativa. Os alumnos e alumnas interviron moitisimo. Un gusto ter a Greta Thunberg por unas horas en Corcubión, creo que chegou para quedar", sinala a proia Romar. “Todos e todas saíron da actividade sendo un pouco Greta. O do cambio climático e a implicación da mocidade é unha pasada. Temos moito que aprender”, reflexiona.

Greta Thumberg chegou a Corcubion

Outras novas sobre #Natureza

Comentarios