Un Clube de Cata de Viños na Costa da Morte
Esta semana as redes sociais daban conta da nova creación do Clube de Cata de Viños Costa da Morte. Unha cousa que nos alegra encarecidamente pois en breve comezaremos aquí cunha columna de viños da man de Quique Portela.
O Clube, que terá base en Corcubión, no Hotel El Hórreo, preséntase como unha oportunidade para todos que somos amantes ou interesados na cultura vinícola. Liliana Costa valora o Clube como "un foro para disfrutar, formarse, asistir a catas, coloquios, reunións, cursos e excursións".
Como premisas, o Clube prantexa a aprendizaxe de técnicas vinícolas e gastronómicas, pero sobre todo, o disfrute do viño. Ademais pretende servir de "asesoramento, defensa e ensalzamento do arte vinícola e gastronómico na Costa da Morte”.
Máis información
Novas relacionadas
- Muxía sacará o congro por Semana Santa.
- O porco celta e a centola de Lira estiveron na Feira Algusto de Bilbao.
- O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).