![Moreda no Campo do Rollo]()
Visita institucional a deste pasado mércores 26 de xaneiro en Corcubión. O Presidente, Salvador Fernández Moreda, achegouse á vila de San Marcos para "vixiar" as obras que financia a entidade provincial. E aproveitou para asegurar que
contribuirán económicamente a financiar a última fase das obras do Centro de Día de Corcubión, inmoble que antiguamente acollía o Padroado e o asilo de anciáns de Corcubión.
Se o Centro de Día foi un dos centros da visita, o Presidente tamén se achegou ao Campo do Rollo, e comprobou a eliminación de barreiras arquitectónicas no Pavillón, a construción dun parque infantil na zona de Quenxe, e a instalación de farolas fotovoltaicas no Campo de fútbol do Novo Cubaleiro.
Centro de Día
“Penso que poderemos axudar a rematar esta obra”, afirmou Fernández Moreda, trala petición do alcalde de asumir novos gastos para rematar a obra. A Deputación da Coruña investiu xa 61.000 euros para financiar diferentes infraestruturas deste inmoble, e xa estudia a proposta do concello corcubionés.
Campo do Rollo
A comitiva visitou tamén as obras de mellora da zona norte da praza Campo do Rollo, nas que a Deputación da Coruña investiu 135.000 euros para pavimentar con losas de granito a zona peatonal e con adoquín a parte destinada a transito de vehículos e na que tamén se realizaron instalacións de sanemento e iluminación.
Dende QPC sempre criticamos a "pavimentación" da praza, pero nos gustaría saber que pensades. Como vos gusta máis, antes ou agota?
Outras obras
Pavillón
![Moreda no Pavillón]()
No polideportivo da localidade, o presidente da Deputación e o alcalde de Corcubión, supervisaron as obras de eliminación de barreiras arquitectónicas, que supuxeron un investimento de 23.120 euros e inclúen baños e aseos totalmente accesibles e un ascensor, instalado nun lateral do inmoble, que permite o acceso directo dende a planta baixa do polideportivo ata a zona superior, onde se ubica un pequeno ximnasio, o que permitirá practicar exercicio e presenciar as actividades deportivas que alí se celebren a persoas maiores ou con problemas de movilidade.
Parque infantil
![Moreda no Parque Infantil de Quenxe]()
Nas inmediacións do polideportivo estase a construir tamén un muro de contención por importe de 46.000 euros, e no entorno da escola infantil da praia de Quenxe, a Deputación da Coruña financiou a construción dun parque infantil, dotado de pavimento acolchado acorde á normativa vixente, e novos elementos de xogo para os pequenos como tobogáns, columpios ou balancíns, cun investimento de 15.575 euros.
Farolas fotovoltaicas
![Moreda no Cubaleiro]()
Para rematar a visita, a comitiva desprazouse tamén ata o campo de fútbol “Novo Cubeleiro” da localidade, que conta con terreo de xogo de céspede artificial que foi tamén financiado pola Deputación, e cuxo perímetro conta agora con
novas farolas LED que funcionan con enerxía solar fotovoltaica, o que permite aos usuarios desta instalación un uso máis intensivo da mesma, incluso fóra das horas de luz diurna.
Con todo, cómpre sinalar, e niso estará dacordo o alcalde, xogador da UD Corcubión, que se ben é certo que as farolas chegan para poder adestrar de noite, son insuficientas para desputar partidos oficiais.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa e fotos da Deputación.