Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Xurxo Lobato trae o Camiño de Carlos Casares en imaxes a Corcubión

Xurxo Lobato-corcubión-casares
Xurxo Lobato trae o Camiño de Carlos Casares en imaxes a Corcubión

Este xoves 15 de xullo ás 20 horas o cárcere vello de Corcubión acolle a inauguración da exposición fotográfica de Xurxo Lobato “Os camiños de Carlos Casares”. O mítico fotógrafo herculino recolle para a Fundación Carlos Casares, esta serie de 40 fotografías inspiradas en textos do escritor ourensán, e na viaxe que supón o Camiño de Santiago.

Está será penúltima parada da itinerancia por cinco vilas do Camiño de Santiago (a última será Allariz), e permanecerá aberta ata o día 30 de xullo, de mércores a domingo en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 18.30 horas.

comentarios