Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Detida por roubar unha bicicleta e 4 maceteiros en Coristanco

Roubo dunha bicicleta en Carballo
Detida por roubar unha bicicleta e 4 maceteiros en Coristanco

Unha veciña de Carballo foi detida esta semana como presunta autora de dous delitos de roubo acontecidos nun establecimento e nunha vivenda de Coristanco.

A Garda Civil mantiña unha investigación tras unha denuncia posta o 23 de setembro despois do roubo no interior dun establecemento de Coristanco (tras forzar a porta de acceso), de 4 maceteros valorados en 400 euros.

Semanas despois, no marco da investigación, a vítima comunicaba á Garda Civil un novo roubo este pasado 13 de outubro, neste caso na súa vivenda (tras forzar unha fiestra), levando unha bicicleta de montaña e un móbil, por valor duns 2.100€.

Os axentes puideron constatar a relación directa na autoría de ambos ilícitos, “logrando trala análise minuciosa da información obtida” a identificación plena da autora dos roubos e recuperando os elementos substraídos.

Deste xeito, procederon á detención desta muller, que foi posta a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.

Comentarios