Pepa de Braña, a nova centenaria en Santa Comba

Pepa da Braña cumpriu 100 anos en Santa Comba

Josefa Amarelle Nieto, veciña do lugar de Salgueiroas, na parroquia xalleira de Ser, celebraba este martes o seu cumpreanos máis especial, o seu centenario. "Nacín o 26 de Xaneiro do 16", recordaba con lucidez Josefa, coñecida polos seus veciños como Pepa de Braña.

José Antonio Ucha Velo, alcalde de Santa Comba acudiu ó domicilio de Pepa para obsequiarlle cun ramo de frores e cunha torta de aniversario que poideron degustar tódolos familiares e amigos presentes. “Ten unha saúde moi boa, pese á súa idade. Salvo que a súa mobilidade non é moi boa xa, polo resto vai moi ben. E ten moi boa memoria", sinalaba unha das súas netas presente nesta visita. "Xa lle teño comprado algún becerro a teu pai", comentoulle a homenaxeada ó alcalde, para dar mostras desa memoria aínda privilexiada.

Pepa foi nai de 4 fillos, un deles falecido xa na emigración brasileira. Os netos e os bisnetos son agora a súa debilidade, por tantos cariños con que a acompañan.

Esta non será a única festa de cumpreanos de Pepa de Braña. O domingo, como é habitual cada vez que cumple anos, reunirase toda a familia na súa casa para volver a celebrar este número tan especial. 100 anos. "Firmábamos todos", indicaban os presentes, entre sorrisos. O máis especial, sen dúbida, o de Josefa.

Pepa da Braña de aniversario en familia

Novas relacionadas

Estudios relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).