Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte perde 600 habitantes ao ano

A Costa da Morte perde 600 habitantes ao ano

Ben sabemos que a emigración (un cuarto da poboación da Costa vive fóra) e a invertida pirámide de poboación son os dous grandes cabalos de batalla cos que a Costa da Morte ten que loitar ano tras ano para non ficar baleira. E as cousas non melloran. As cifras de 2011 que vén de facer públicas o Instituto Nacional de Estatística son contundentes.
Perdemos o ano pasado nada menos que 629 persoas nos 15 concellos que cubrimos en QPC, e 800 nas 5 comarcas que atinxen á zona, incluíndo os Concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha e Santa Comba.

I é que contabilizamos 428 nacementos na bisbarra, por 1.057 defuncións. Son os concellos de Vimianzo e Malpica os máis afectados, pois sufriron 125 e 104 persoas por as apenas 38 e 19 nacementos, respectivamente.

Os datos xa indican que cada comarca da Costa da Morte perde máis dun centenar de persoas ao ano, o que nos indica que en 10 anos teremos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20. Unha verdadeira sangría poboacional.

En cifras

CONCELLOSNacementosDefunciónsSaldo vexetativo
Cabana2770-43
Laxe2948-19
Malpica19104-85
Ponteceso3386-53
Cee5775-18
Corcubión1122-11
Dumbría1737-20
Fisterra2344-21
Muxía2668-42
Carnota1573-58
Muros5699-43
Camariñas34 55-21
Vimianzo38125-87
Zas2478-54
Mazaricos1973-54
TOTAL CONCELLOS4581057-629

Saldo Vexetativo nas comarcas da Costa da Morte no 2011
COMARCASNacementosDefunciónsSaldo vexetativo
Bergantiños512811-299
Fisterra134246-112
Muros71172-101
Terra de Soneira96258-162
Xallas81207-126
TOTAL COMARCAS8941694-800

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios