Santa Comba sufriu accidentes, cortes de tráfico, inundacións e derrubamentos polas chuvias


Tivo choio onte o Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba. As chuvias, que deixaron un , e as terras xalleiras non se salvaron.
A primeira hora da mañá xa tiñan que acodir tras un aviso dunha saída de vía na estrada de Muros a altura da gasolinera de A Pereira na que a pesar do aparatoso do accidente non houbo feridos.

Paralelamente, varios derrubamentos de terras en estradas locais de Cícere e Guldrís provocaban ter que ir sinalizar e recoller os desperfectos. Ademais, houbo que acodir para procedr ao achicamento de auga nunha vivenda de Padreiro.
Eran tan grandes as chuvias que houbo cortes de tráfico por estradas inundadas o paso do río Xallas no lugar de Tapia e A Cova, en Tapia quedou atrapado un turismo nunha balsa de auga e foi necesario colaborar na súa retirada.
Ademais, foi necesaria a regulación e corte de tráfico na estrada de Coristanco a Santa Comba a altura de Castriz, onde só se permitía o paso a camións e todoterreos dende as dez da mañá ata as 14:00h.


Novas relacionadas
Fonte
- Concello de SAnta Comba.