A veciñanza de Cereo mantén as mobilizacións contra a invasión eólica
12 de xuño de 2023 (07:41 h.)
Cambiaron mércores por domingos, Pero a veciñanza de Cereo non falta á súa cita reivindicativa contra a invasión eólica. Con pancartas “Muíños de vento preto das casas NON!”, a veciñanza de Cereo e concentrouse este domingo polas súas do centro de Coristanco, coa esperanza de conseguir paralizar os proxectos de Bustelo e Baralláns que tanto impacto van ter sobre as súas vidas.
Taméb acodiron veciños afectados polo megaparque de Bustelo, Campelo e Monte Toural, que están sendo paralizados pola Xustiza.
Máis novas sobre eólicos
- Maio 23: A veciñanza de Cereo quere muíños de auga, non de vento.
- A Xunta aproba os proxectos eólicos de Bustelo-Baralláns e do Alto do Torreiro pero denega o de Agrelo e Muriño