A veciñanza de Cereo quere muíños de auga, non de vento

14:53 03/05/23
Cada mércores do mes de maio, a veciñanza de Cereo concentrarase ás portas do Concello de Coristanco de 10:00h a 11:00h. Fanno debido á invasión eólica que vive a comarca, e o seu lugar, concretamente debido aos proxectos eólicos de Alto do Torreiro e Bustelo Baralláns, recentemente aprobados pola Xunta
Conscientes da necesidade mobilizarse para paralizalos, Fina Pose mobiliza a unha veciñanza que critica a altura duns aereoxeneradores de máis de 250 metros de altura (como a Torre de Hércules) que se van situar a menos de 600 metros das casas.
Ademais, a veciñanza tamén sacará as pancartas este sábado 6 de maio de 11:00h a 12:00h e os domingos 14 e 21 cruzando os pasos de peóns da vila para intentar ser escoitados.