Luns. 07.10.2024
El tiempo

O TSXG paraliza o Parque Eólico do Campelo nunha “senteza histórica”

Rolda de prensa de ADEGA ti podes paralos
Rolda de prensa de ADEGA
O TSXG paraliza o Parque Eólico do Campelo nunha “senteza histórica”

Esta mañá, a Asociación Ecoloxista ADEGA daba conta en rolda de prensa dunha “histórica sentenza” do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O máximo órgano xudicial da comunidade anula as autorizacións aprobadas polo Consello da Xunta para o proxecto eólico do Campelo, promovidos, xunto cos de Bustelo e Monte Toural, por Greenalia nos concellos de Coristanco, Santa Comba e Carballo. Un megaproxecto fragmentado en tres, como levan anos denunciando os colectivos conservacionistas, que pretendía acabar cunha especie endémica única en Galicia,, Centaurea ultreiae, cuxa poboación mundial total só se atopa nos arredores da Lagoa de Alcaián.

”É a primeira vez que se consegue que recaia unha resolución xudicial anulatoria das autorizacións dun proxecto eólico sen que se teña producido unha agresión ao medio ambiente (como aconteceu no caso da Serra do Oribio), ou mesmo sen que os proxectos estean executados e en operación ao momento de ditarse as sentenzas (casos de Sasdónigas I e II e repotenciamento do P.E. Corme)”, destacan dende a entidade, lembrando que teñen outros dous proxectos (os de Bustelo e Monte Toural) pendentes da resolución dos recursos contencioso-administrativos interpostos.

A sentenza obriga ás codemandadas (Xunta de Galicia, Greenalia Wind Power Campelo e a Asociación Eólica de Galicia) a asumir o custe do xuízo, tras sinalar a grave “fragmentación artificial e ilegal de proxectos a respecto dos proxectos eólicos Bustelo e Monte Toural, que impediu a correcta avaliación ambiental dos efectos conxuntos dos tres parques eólicos”.

”Estes precedentes poderían ter un efecto positivo moi relevante nos recursos contencioso-administrativos que se presenten contra as novas autorizacións eólicas outorgadas pola Xunta de Galiza e que se impugnen no Tribunal Superior de Xustiza”, esperan dende ADEGA. “Preguntámonos cantas sentenzas xudiciais máis son necesarias para que a Xunta de Galicia mude a súa política eólica depredadora, antisocial e ilegal”.

O Cerqueiral

A entidade, no marco da campaña “Ti podes paralos!” ten impugados 30 proxectos eólicos, entre eles o Cerqueiral ou de Monte da Croa autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico O Cerqueiral, tamén integrado no mesmo conxunto de proxectos, recurso que, no suposto de ser desestimado, será tamén impugnado perante os tribunais de xustiza.

Máis novas

Comentarios