A vivenda de Espiño, finalista dos Premios COAG de arquitectura

Imaxe da vivenda

Tiñamos dúas propostas bergantiñás presentadas á XX edición dos Premios COAG de Arquitectura. Unha delas pasa a ser finalista, trala escolleita do Colexio de Arquitectos de Galicia das 31 obras (das 224 presentadas) que pasan á última rolda.

Trátase da Vivenda unifamiliar promovida por José Antonio Mira Abelenda e realizada por Juan Seara Oro e Berta Peleteiro Varela no lugar de Espiño, en Coristanco. A vivenda, que se funde coa agra en sintonía co verxel da pataca, é finalista en categoría “Residencial de nova planta. Vivenda unifamiliar.

O acto público de entrega de premios celebrarase o 18 de marzo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo.

Novas relacionadas