Vieiro ofrece a clubs e asociacións deportivas un programa preventivo
07:07 16/04/18
A presidenta da asociacion antidroga Vieiro Josefina Balmodir e a responsable de prevención Maria del Carmen Bello
Que o deporte é un dos mellores xeitos de escapar das drogas é algo que saben moi ben na Asociación Vieiro. A entidade carballesa vén de presentar ás diferentes asociacións deportivas do municipio de Carballo, mediante correo postal, do programa de prevención deportiva: “Xogo Limpo” que se basea na promoción de valores e na prevención de conductas aditivas a través do fomento da regulación emocional, da tolerancia á frustración e outras ferramentas imprescindibles na maduración persoal dos mozos/as. Todos estes factores supoñen un recoñecemento para motivar aos mozos/as a desenvolver as súas habilidades físicas e sociais con comportamentos e actitudes axeitados que xogan un papel moi importante no axuste psicolóxico e no desenvolvemento psicosocial dos mozos/as contribuíndo a mantelos afastados de prácticas de risco, aumentando os seus factores de protección.
"O deporte é un instrumento chave a través do cal promover formas de vida saudables e determinados valores sociais (solidariedade, cooperación, tolerancia...), onde se comparten aprendizaxes co grupo de iguais e que está relacionado directamente co sentido de pertenza e integración grupal", explican as responsables da entidade.
Lembran que "o ámbito deportivo, polo tanto, encerra numerosas posibilidades para a educación e a formación de nenos/as e adolescentes, aprenden os valores que a sociedade lles transmite, dos modelos e das persoas significativas que os observan (pais/nais, adestradores, amigos/as…), dos resultados que conseguen cos seu esforzo, etc".
Programa
É por todo isto que a asociación Vieiro propón un programa preventivo distribuído en diferentes fases nas que se inclúen:- Instalación de pancartas nas instalación deportivas,
- Sesión formativa para responsables dos clubes deportivos (directores, adestradores e persoal técnico) sobre pautas de actuación ante a detección de conductas aditivas.
- Obradoiros teórico-prácticos destinados e adaptados aos xogadores das diferentes categorías.
Novas relacionadas
- Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores.
- Aprendendo con Vieiro a tomar menores decisións emocionais
- Vieiro reactiva o servizo de denuncias antidroga “Ti cooperas se denuncias”.
- Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias.
- A Escola de Pais e Nais de Vieiro xa traballa en clave de prevención.
- Vieiro dá a coñecer os seus programas nos centros de ensinanza secundaria de Carballo.
- Vieiro abre un novo curso da súa Escola de Pais e Nais
- Vieiro achégase ata as aulas de Carballo co seu programa de prevención escolar.
- Vieiro mantén activo o servizo de información e orientación contra a drogadicción
- Vieiro homenaxea ao seu finado presidente con máis implicación.
- 29-08-17: Falece o presidente da asociación antidroga Vieiro.
- Vieiro recolle nunha revista os seus 25 anos de traxectoria
- Vieiro pon en práctica as habilidades sociais de máis de 1000 estudantes de secundaria de Carballo
- Vieiro renova o seu servizo de dar respaldo xurídico
- 100 pais e nais aprenden con Vieiro a importancia da prevención
- Vieiro axuda a adolescentes de Carballo a coñecer e xestionar as súas habilidades socioemocionais.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vieiro